Contratados a proyectos de la USC
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Carta ao Reitor

+2
Roi C.
Carlos Fernandez
6 participantes

Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Carta ao Reitor

Mensaje  Carlos Fernandez Miér Oct 20, 2010 6:12 pm

Como se anunciou na lista de correo da USC, Miguel acaba de mandar unha proposta de carta para mandar ao Reitor. Penso que aquí no foro se pode debatir mellor as propostas para a carta, xa que a lista de correo é menos axeitada para iso.
Así que aí vai.

"Os abaixo asinantes, contratados por obra e servizo a cargo de Proxectos de Investigación en distintos Departamentos, Institutos e Servizos de Investigación na Universidade de Santiago de Compostela,

EXPOÑEMOS,

Que os traballadores contratados a cargo de proxectos realizan unha tarefa fundamental no seo desta Universidade, algúns deles desde hai dúas décadas, participando de cheo nos traballos habituais e estruturais de Departamentos e Institutos, e desenrolando tarefas de xestión e apoio á docencia. Sen embargo, a importancia deste labor e o avultado do seu número dentro do persoal da USC (máis de 700, segundo a Memoria de actividades 2009), contrasta de xeito frontal, coa falta absoluta de regularización, así como coa dubidosa legalidade desta figura dentro da universidade.
Aínda que nalgúns casos a selección de persoal se fai por convocatoria pública, moitas veces a escolla de persoal realízase sen convocatoria de ningún tipo, quedando en mans do responsable da contratación temas tais como o establecemento de soldos, vacacións, xornada de traballo, etc así como a posible renovación ou non do seu contrato. Por outra banda, os traballadores son contratados por obra e servizo determinado para realizaren traballos que, ás veces, non se executan ou en moitos outros casos, se teñen que realizar tarefas distintas ou engadidas ao obxecto principal do seu contrato.
A USC, como Administración pública, debe rexerse na admisión de persoal polos principios de igualdade, mérito e capacidade, segundo o artigo 103.3 da Constitución Española; pero ademais, está suxeita ao principio de legalidade (art. 9.3 e 103.1). Isto supón que as normas laborais en materia de contratación, non se poden infrinxir impunemente. Unha institución como a USC, que se gaba do seu empeño en seren unha universidade de prestixio na educación e na investigación, así como comprometida socialmente, segundo a Memoria de Responsabilidade Social 2006-07, non debería ter traballadores discriminados laboral e salarialmente. Non se pode admitir o argumento de que este é o único xeito de poder levar a cabo as tarefas necesarias nin se pode amparar, de ningún xeito, na actual situación de crise económica para desculpar a precarización e discriminación laboral e salarial dun sector importante de traballadores desta universidade.
A reforma laboral recentemente aprobada terminou de dinamitar a xa maltreita situación deste colectivo, atopándose, na actualidade, na máis remota incerteza sobre o seu futuro. Nalgúns casos, a contratación viuse interrompida ou dificultada, independentemente da existencia ou non de fondos para a súa contratación e alleo a que as tarefas ou proxectos chegaran a súa fin. Noutros casos, os actuais contratos alongáronse no tempo sen existir criterio, xustificación ou fin, habendo un baleiro absoluto cando se pretende pescudar cal vai ser a actuación desta universidade con relación a este colectivo.
Por todo isto, SOLICITAMOS ao Excmo. Sr. Reitor a resposta das seguintes inquedanzas:
1.- ¿Que normativa rexerá a contratación do persoal contratado a cargo de proxectos? ¿Continuará existindo a ligazón laboral coa USC como causa de exclusión a pesares de estar pendente dun recurso contencioso-administrativo?
2.- ¿Non queda a Universidade, como entidade de dereito con personalidade xurídica propia, excluída da limitación na concatenación de contratos a teor da Disposición Adicional 15.3 da Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo?
3.- ¿Vai ser incluído, a tódolos efectos e en todo o ámbito, este colectivo no convenio colectivo do PAS laboral da USC en negociación na actualidade?
4.- ¿En que medida se compromete coa estabilización deste persoal?

quedando a disposición da súa persoa, ou persoa en que delegue, para tratar estes temas de xeito directo a través da celebración dunha xuntanza ou asemblea."

Carlos Fernandez

Mensajes : 5
Fecha de inscripción : 18/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Concentración no Reitorado para entregar a carta?

Mensaje  Roi C. Jue Oct 21, 2010 10:40 am

Hola,
a carta pareceme correcta e por aportar algunha suxerencia. Proporía engadir unha pregunta, para saber se hai unha postura conxunta de todas as universidades do estado español. Algo como: ¿Existe unha estratexia común dende a Conferencia de Reitores para afrontar a problemática actual cos Contratados por Obra e Servizo nas Universidades? ¿Tense planteado nesta Conferencia de Reitores a necesidade de apostar pola consolidación destes postos de traballo?

En canto ao tema de se é millor unha carta con todas as sinaturas conxuntas ou varias, creo que surtirán o mesmo efecto. O importante é que o número de sinaturas sexa o maior posible. Con este obxectivo, ¿Credes que é viable que os que participamos na lista e foro, xunto cos nosos coñecidos, poidamos recorrer un a un os departamentos e centros informando aos compañeir@s desta iniciativa e recollendo as sinaturas?. ¿Quen estaría disposto a organizar esta recollida e en que centros?
Eu podería axudar en Farmacia.

E como proposta nova e un pouco a raíz do que se falou na xuntanza informativa en Farmacia (enviarei un correo resumo da mesma logo), incorporo unha proposta para debatir na lista e foro e a ser posible nunha Asamblea Xeral. Propoño a posibilidade dunha primeira mobilización realizando unha concentración diante do reitorado o mesmo día que se entregue no rexistro esta carta para o Reitor. Desprazarse dende Lugo pode ser complexo, asi que podería facerse outra concentración e entregar a mesma carta no rexistro en Lugo. En Santiago si se escolle un día no que sepamos que vai estar o Reitor, poderíamos obter xa unha primeira entrevista. E especulando ainda máis, igual ate se poñen en contacto con nós antes de entregar a carta nun intento de evitar a mobilización.
Que opinades?

Saúdos.

Roi C.

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 21/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Estou de acordo con Roi

Mensaje  contratado2007 Jue Oct 21, 2010 2:37 pm

Estou de acordo con Roi, penso que a mobilización o día da entrega da carta sería unha boa forma de presión.Temos que saír nos medios de comunicación como presión e isa é a mellor maneira.

Na miña opinión, a carta debería ir acompañada da sinatura de tódalas persoas que están a traballar actualmente a cargo de proxecto, sexa a categoría que sexa. Conseguir eso non sería moi díficil e incluso creo que non faría falta ir departamento por departamento. En cada facultade poodríase poñer carteles informativos ( como o que vin eu hoxe da problemática) e toda a xente se enterará. Con poñer unha mesa en cada facultade cos folios para as sinaturas e unha carta explicativa, todo o mundo se enteraría polo boca a boca.

Penso que esta nas nosas mans cambiar esta situación e se presionamos, algo se poderá conseguir.

contratado2007

Mensajes : 3
Fecha de inscripción : 21/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Carta ó reitor

Mensaje  Mela Jue Oct 21, 2010 4:08 pm

Hola,
estou totalmente dacordo ca carta e máis ca pregunta añadida de qué pensan facer o resto das universidades.
Tamén me parece ben o das mobilizaciós e o de recoller sinaturas nos centros, supoño que finalmente irá a carta asinada por todos xuntos, non? non de maneira individual.
Pero, de haber resposta e que o reitor ou en quen delegue teña a ben recibirnos..., a qué han de dirixirse??? con quen van reunirse? non habería que elexir uns representantes ós que podan "contestarlles"?

Mela

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 13/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty crear unha plataforma

Mensaje  Roi C. Jue Oct 21, 2010 7:02 pm

Pois quizáis habería de convocar unha nova xuntanza xeral e constituirnos xa como Plataforma, Asamblea ou similar, vaia poñerlle un nome e crear algo que identifique a este grupo de contratados tan diverso. Nome que serviría como referencia tanto para os responsabeis da universidade, para os propios compañeiros e para comunicarse coa prensa. O da representación será o máis complexo, o millor sería tratalo nunha xuntanza. Non sei si na que se celebrou en setembro se chegou a falar de si había voluntarios para exercer de representantes.

Roi C.

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 21/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Entrega da carta

Mensaje  Carlos Fernandez Vie Oct 22, 2010 12:54 pm

Eu non é por non manifestarse ou por non ir aun acto así, pero penso que debemos ir pasiño a pasiño.
Como todo a miña proposta é opinable.
Primeiro deberíamos entregar a carta, que o Reitor saiba que polo menos hai un grupiño de xente afectada que se está empezando a mobilizar.
¿Como entregar a carta? O lóxico sería metela por rexistro asinada por unha parte da xente (coido que asinada de puño e letra por todos é bastante complicado, pero si que se podería poñer unha lista de xente que apoia o escrito), ademais podería estar ben que cada un, a xeito individual, mandara a mesma carta por correo electrónico ao Reitor.
O da manifestación, penso que estamos moi verdes aínda para facer unha manifestación. Nin siquiera somos un colectivo como tal, non temos escollidos interlocutores válidos para unha posible entrevista, non temos feito unha asamblea xeral para que entre todos poidamos tomar decisións, non temos xente que nos represente (con ideas comúns) ante os medios de comunicación. Estas cousas penso que hai que coidalas, porque unha vez metidos no circo vai haber paos para todos, e se se da unha sensación de que somos catro pringados que teñen medo de perder o seu posto de traballo vannos comer.
Podería ser unha boa idea, mandar a carta aos medios de comunicación como unha especie de presentación. Na carta só se fala dun grupo de persoas, non dunha organización, nin dun colectivo perfectamente organizado.

Isto por unha banda.

En canto á carta poderíase engadir algo sobre a importancia deste colectivo desde o punto de vista da investigación na USC, no sentido de que apartires de agora só se pode estar 24 meses quen vai a desenrolar os proxectos de investigación, como vai afectar isto a calidade da investigación na USC, como vai afectar á propia financiación da universidade...sobretodo se se vai mandar aos medios de comunicación.

Este comentario tamén o poñería na lista, aínda que sigo pensando que se debate mellor no foro que na lista de distribución.
Saúdos

Carlos Fernandez

Mensajes : 5
Fecha de inscripción : 18/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty pasiño a pasiño

Mensaje  Roi C. Vie Oct 22, 2010 3:04 pm

Hola,
Carlos de acordo que estamos verdes, pero haberá que ir dando eses pasos, para poder chegar a madurar. Porque mentras que non maduramos nos imos desangrando e cada día somos menos, e a xente que ten que marchar supoño que se sinte en certo modo abandoada polos seus compañeiros. Por iso son partidario de convocar a Asamblea xeral xa, e con carteis de forma masiva nas facultades.
Que o primeiro paso é que o Reitor saiba que estamos aqui, e dispostos a empezar a mobilizarnos. Na miña opinión se logo dos carteis para difundir a existencia da lista non sabe que estamos aqui, me decepcionaría. (Bos días, EXCMO SR. Reitor gracias por lernos). E o triste é que igual non lle preocupamos por qué Canta xente participa no foro? Rexistrados onte andaban sobre 30, que teñan escrito algo, cantos 10?. Somos 600-800 se queremos facer algo hai que organizarse. Qué o foro e a lista son unha boa ferramenta ?, dende logo. Pero haberá que conseguir que a xente participe. Si é millor o foro que a lista, pois non sei. Si preferimos o foro polo anonimato a levamos clara para poñernos a reivindicar. Ademais o anonimato é para todos, sendo mal pensados ate responsabeis da USC poderían escribir aqui para despistarnos e dicirnos que non temos dereito a nada, non?.
A casuística dos nosos casos é moi diversa e iso nos debilita, porque temos expectativas que nalgúns casos chegaran e noutros non. Uns cremos que imos poder seguir coa nosa carreira investigadora ate instalarnos ou simplemente marchar, outros poden pensar que a súa plaza é estructural e algún día terán que creala e sacala a concurso e outros simplemente se conforman co que hai. Pero ao final somos todos traballadores que están a ser explotados, xa que ao non rexirnos por ningún convenio non optamos a ningunha das vantaxes habituais contempladas neles. E fago un parentese para expoñer o meu caso, eu agora mesmo estou fóra da USC como empregado. Son doutorando (Investigador en Formación que nos chamamos), leerei a tese e buscarei as alternativas habituais, das cales teño que eliminar a posibilidade de que me contraten por obra e servizo no grupo que me formou. Non me considero dos máis afectados pola situación, porque nunca considerei o meu posto como estructural (de feito sempre alternei contratos con paro, e incluso algún contrato fóra da USC) e sempre pensei que estaba de paso. Pero non é o caso de outras persoas que levan desenvolvendo unha tarefa estructural eficazmente durante moitos anos e agora ven como a Universidade vai prescindir deles.
A cuestión é en que empresa os traballadores tolerarían durante anos contratos en fraude de lei sin moverse e dicir nada, que traballadores tolerarían que a empresa se librase dun número considerable de empregados un tras outro sin exercer nin a mínima medida de presión. Pois parece que nós o vamos tolerando mentras que esperamos solucións particulares para cada caso.
Penso que a situación de fraude na contratación que existía na USC era o suficientemente grave para que este grupo se tivera organizado no pasado, mais a situación actual na que ate hai impedimentos para seguir na situación precaria que soportabamos é unha oportunidade para organizarse e mobilizarse e continuar ate chegar a estabilización do persoal que esta univeridade precisa para o acadar as súas metas.

A veces me pregunto que pasa con esta sociedade. Que foi do espíritu reivindicativo, principalmente que fan os estudantes coa que está caendo. Cando eu estudiei e xa hai uns anos, pero non tantos, as facultades soian estar cheas de reinvidicacións do máis variopinto, dende Queremos calefacción porque temos frío ate Queremos un país livre de opresores. Me pregunto si é que agora coa que esta caendo non se move ninguén, que é o que lles espera a estes rapaces. Quizais é que agora as protestas se fan escribindo en foros, blogs e no feisbuk. Perdón que me desvío e o correo xa ten unha lonxitude considerable.

Resumindo, eu aposto por convocatoria de Asamblea Xeral xa (convocando á prensa) e concentración coa entrega da carta.
Saúdos.
Roi



Roi C.

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 21/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Re: Carta ao Reitor

Mensaje  contratado1999 Vie Oct 22, 2010 4:58 pm

Gracias Roi por las molestias que te has tomado en escribir ese largo post, en el que tienes toda la razón. Creo que debemos a empezar a dar pasos ya. Lo que sea pero ya, hacer una asamblea general y tomar ya decisiones de algún tipo.
Mucha gente lee el foro y pocos participan. No entiendo el por qué. Yo en cierta medida veo cierto nivel de pasotismo, aunque algunos no lo vean asi. Si somos casi 1000 y en teoria hemos "forrado" las facultades con carteles, por que en la lista de distribucion hay 80 persona y en el foro 30?? donde están los 700 y pico restantes? porque por carteles no será.....

Tenemos que empezar a movernos ya, pero ya es ya, asamblea general cuanto antes y que por favor acuda la gente, ¿en que hueco están metidos los 700 restantes?

Y opino, y es mi opinion personal, deberiamos abrir un post donde nos fueramos apuntando todos con nombre y apellidos y dirección de mail, para saber con quien realmente se puede "contar", porque al final parece que son dos personas las que están haciendo todo, y sinceramente, no me parece justo para ellos, tenemos que colaborar todos, propongo que nos vayamos apuntando en una lista, pero como veais (no le veo sentido a lo del anonimato, cuando estamos luchando por nuestro futuro y tenemos que estar unidos)


contratado1999

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 13/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Re: Carta ao Reitor

Mensaje  contratado1999 Vie Oct 22, 2010 5:03 pm

y el crear la lista también es de cara a que como dice Carlos, va a ser imposible firmar la carta todos de puño y letra porque entonces la entregaremos dentro de 6 meses... entonces se puede adjuntar un documento con nombres, facultad o centro y DNI de afectados a la carta

contratado1999

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 13/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Re: Carta ao Reitor

Mensaje  unamas Lun Oct 25, 2010 12:27 am

Me da la impresión que los ausentes en este foro y en las listas no ven la calle tan de cerca como otros, y me incluyo
Ser, seremos mil, pero que ahora mismo qué nos tengamos que ir cuantos somos?

Hay mucha gente a la que posiblemente le van a mantener "artificialmente" proyectos abiertos para en consecuencia, hacerles prórrogas y NO ceses... con lo cual pueden seguir otro año/meses más, como hasta ahora. Porque siempre que no se hagan ceses todo es subsanable....


Eu súmome á Asamblea Xeral e por suposto ao da carta

Eu son partidaria de entregar un escrito por persoa, o mesmo escrito/carta asinado por cada un. Para isto de intentar "colapsar" o rexistro da universidade, facer unha boa "cola" e chamar a prensa, para que teña mais repercusión!!!

unamas

Mensajes : 3
Fecha de inscripción : 15/10/2010

Volver arriba Ir abajo

Carta ao Reitor Empty Re: Carta ao Reitor

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.