Contratados a proyectos de la USC
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

3 participantes

Ir abajo

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  Empty FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

Mensaje  contratado1999 Vie Oct 29, 2010 12:29 am

Por si alguien no lo vio en la lista de distribución

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE
INVESTIGACIÓN


Estimad@s compañeir@s:

Desde a Sección Sindical de CC.OO da USC convocamos a unha Asemblea de
traballadores contratados con cargo a proxectos ou programas de
investigación para tratar da problemática que afecta a este colectivo en
relación á reforma Laboral recentemente aprobada.

En dita Asemblea estará presente un avogado da Asesoría Xurídica de CC.OO.

Orde do día:


1) Posicionamento de CCOO ante a problemática na USC.

2) Aclaración de dúbidas xurídicas.

3) Varios

LUGO: Mércores 3 de Novembro, ás 12:00 no Salón de Actos da E. P. S
(Edificio Ampliación).

SANTIAGO: Venres 5 de novembro, ás 12:00 na Aula Magna da Facultade de
Matemáticas

Sección Sindical CC.OO

Locais Sindicais Campus Sur

Extensión 14343

contratado1999

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 13/10/2010

Volver arriba Ir abajo

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  Empty Re: FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

Mensaje  yoshua Vie Oct 29, 2010 8:26 pm

Indigname o tema dos sindicatos. Sempre tarde, mal e arrastras. Hai xente que xa non ten contrato desde xuño e propoñedes unha reunión agora?? para que??

Sabedes cando foi a única vez que un sindicato veu a falar comigo? Para as eleccións sindicais e por riba deixaronnos plantados a unhas 6 persoas de diferentes colectivos...

En fin...sindicatos...

contratado1999 escribió:Por si alguien no lo vio en la lista de distribución

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE
INVESTIGACIÓN


Estimad@s compañeir@s:

Desde a Sección Sindical de CC.OO da USC convocamos a unha Asemblea de
traballadores contratados con cargo a proxectos ou programas de
investigación para tratar da problemática que afecta a este colectivo en
relación á reforma Laboral recentemente aprobada.

En dita Asemblea estará presente un avogado da Asesoría Xurídica de CC.OO.

Orde do día:


1) Posicionamento de CCOO ante a problemática na USC.

2) Aclaración de dúbidas xurídicas.

3) Varios

LUGO: Mércores 3 de Novembro, ás 12:00 no Salón de Actos da E. P. S
(Edificio Ampliación).

SANTIAGO: Venres 5 de novembro, ás 12:00 na Aula Magna da Facultade de
Matemáticas

Sección Sindical CC.OO

Locais Sindicais Campus Sur

Extensión 14343

yoshua

Mensajes : 6
Fecha de inscripción : 25/10/2010

Volver arriba Ir abajo

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  Empty Re: FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

Mensaje  yoshua Vie Oct 29, 2010 8:30 pm

Por certo, e xa que non vou a ir, corre o rumor que foi precisamente a presión dos sindicatos a que fixo o Reitorado tomar a decisión de deixar de contratar a xente a cargo de proxectos co modelo de contratos x obra e servizos...e certo???

yoshua

Mensajes : 6
Fecha de inscripción : 25/10/2010

Volver arriba Ir abajo

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  Empty presión dos sindicatos mala decisión da USC

Mensaje  Roi C. Vie Oct 29, 2010 11:19 pm

Hola,
penso que os sindicatos sempre estiveron ahi para quen quixera acudir a eles. Polo menos a min atendeume ben a xente coa que falei. Sobre si a súa presión derivou na situación actual, non o creo. Máis ben penso que serían as sentencias xudiciais que tivo desfavorabeis o ano pasado por xente que denuncio a irregularidade nos contratos. Se os sindicatos presionaron para que esta situación se regularizase pareceme ben, quen toma a decisión errónea non regularizando e largando a todo o mundo é a USC.
De todos xeitos xa mandei un correo á lista e a CCOO sobre esta convocatoria, o pego a continuación. En toda a tarde non me respostaron.

Boas,
vexo que se comenta pouco sobre esta convocatoria realizada dende CCOO. Despois de
pensalo un tempo vou facer unha pequena reflexión e unha proposta para mudar os
convocantes da asamblea e lixeiramente a orde do día. Non sei si os representantes de
CCOO están lendo está lista de correo, pero tamén o envío ao correo que indican na
convocatoria. Adianto que nin estou afiliado nin teño pensado afiliarme a ningún
sindicato.
Estes últimos días na lista de correo e foro estábase falando dunha convocatoria cos
sindicatos, en plural. Alegrome e agradezo que os compañeiros de CCOO teñan dado o paso
ao frente, mais gustariame preguntar si as portas que separan os depachos dos locais
sindicais son tan infranqueabeis para que non se poda facer unha convocatoria conxunta
cos outros sindicatos. Semella lixeiramente oportunista logo de que esta lista e máis o
foro empecen a funcionar e de que se cree unha lista de voluntarios para darlle difusión
a este tema nas distintas facultades, facer unha convocatoria sen contar cos compañeiros
dos outros sindicatos. Seguro que a convocatoria de CCOO se fai porque nós mesmos a
estabamos a demandar, pero como queda evidenciado en outros correos do foro, estas
inquedanzas tamén se lle manifestaron aos outros sindicatos.

Por estas razóns vos propoño reconvertir a convocatoria da asamblea para que se realice
conxuntamente cos outros sindicatos. E mudar polo tanto a orde do día, podendo ser o
seguinte:

1) Información sobre a situación actual dos Contratados por Obra e Servizo na USC.
2) Postura dos Sindicatos
3) Aclaración de dúbidas xurídicas(non sei si a diversidade de casos fará moi viable este
punto)
4) Varios.


A proposta a fago a título individual e igual vos resulta un pouco sorprendente, mais non
me gustaría asistir a 4 asambleas cos distintos sindicatos. Penso que a iniciativa da
convocatoria de Asamblea Xeral debería ser dende o grupo de persoas que estamos a
participar e asi o manifestei varias veces na lista e foro, e esta convocatoria debería
ser aberta aos sindicatos, Investigadores Principais, representantes de Precarios e a
quen máis se nos puidese ocurrir.
Tamén é certo que eu non fixen esa convocatoria, que ben podía ter dado o paso, Saúdos.
Roi.

Roi C.

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 21/10/2010

Volver arriba Ir abajo

FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  Empty Re: FECHAS DEFINITIVAS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.